A protección dos datos persoais dos clientes

A protección de datos e o organismo encargado desta tarefa, a  Agencia Española de protección de datos  está presente en moitas conversacións entre empresarios e emprendedores como un elemento máis na xestión da súa empresa.

Debemos de protexer a seguridade e privacidade dos datos dos nosos clientes…pero sabemos a qué nos obriga a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e qué son os datos de carácter persoal?

 

A qué nos obriga a LOPD

 

  • A notificar á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) a creación de ficheiros de datos de carácter persoal e a inscribir os ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.
  • A informar previamente as persoas cuxos datos se solicitan.
  • A solicitar o consentimento das devanditas persoas, tanto para o tratamento dos datos persoais coma para proceder a cedelos a terceiros.
  • A establecer as medidas de seguridade necesarias para protexer os datos de carácter persoal.
  • A regular mediante un contrato a realización de tratamentos dos datos por conta dun terceiro.
  • A atender debidamente o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición polos interesados.
  • A formar o responsable de seguridade e aos usuarios que teñen acceso aos datos de carácter persoal.

 

Qué se considera datos de carácter persoal?

 

Son datos de carácter persoal  toda información numérica, alfabética, gráfica, fotográfica, acústica ou de calquera outro tipo concernente a persoas físicas identificadas ou identificables:

  • Datos de carácter identificativo: NIF/CIF, teléfono, dirección electrónica etc.
  • Datos de carácter persoal: estado civil, data de nacemento, idade, lugar de nacemento,  nacionalidade, sexo etc.
  • Datos de circunstancias sociais: servizo militar, propiedades, afeccións, estilo de vida, pertenza a asociacións etc.
  • Datos académicos ou profesionais: formación, titulación, historial académico, experiencia profesional etc.
  • Datos profesionais: profesión, posto de traballo, vida laboral etc.
  • Datos de información comercial: actividades e negocios, licenzas comerciais, subscricións a publicacións etc.
  • Económico-financeiros: ingresos, rendas, investimentos, préstamos, avais, datos bancarios etc.
  • Especialmente protexidos: ideoloxía, afiliación sindical, relixión, crenzas, saúde, vida sexual etc

Falamos de ficheiro cando…

Nos referimos a un conxunto organizado de datos de carácter persoal, sen importar o soporte no que se encontren  ou a forma en que os devanditos datos se organicen e almacenen; a modo de exemplo, a axenda onde  gardamos os teléfonos dos nosos clientes e provedores, as bases de datos de provedores e clientes, os  seus expedientes, os currículos que se utilizan na selección e promoción do persoal.

Para coñecer as implicacións da LOPD na xestión da túa empresa poderás consultar o  manual  A qué me obriga a lei de protección de datos  na nosa Web.

 

2 Respostas a “A protección dos datos persoais dos clientes”

  1. Tres artigos interesantes para a túa empresa | Rede Mentoring Dice:

    [...] Podes ler o artigo completo aquí. [...]

  2. A protección de datos | Rede Mentoring Dice:

    [...] A protección de datos Divulgación — 19 Novembro 2012 No blog Igape. Bic Galicia afrontamos un tema que de seguro vos será de moita axuda: a protección de [...]

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 29 Agosto, 2012 ás 8:43 a.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.