Cómo atraer investidores para o proxecto empresarial

Un proxecto empresarial, independentemente de que sexa na súa posta en marcha, consolidación ou expansión internacional, vaise xerando nunha sucesión de pasos, dende o momento no que xorde a idea, ata que esta se materializa e se implanta.

Aínda que as limitacións financeiras orientan dende un primeiro momento a dimensión do proxecto que se vai acometer, non é ata que dispoñemos dun proxecto ben estruturado, cando nos formulamos como financialo.

É neste momento cando xorden cuestións como canto diñeiro necesito?, canto podo achegar?, canto diñeiro me prestará o banco?, cal é o instrumento financeiro que máis me convén?

Ademais dos instrumentos financeiros que existen en bancos e caixas, un emprendedor ou empresario pode intentar captar fondos de investidores privados (malia que nalgunhas ocasións detrás de varios deles se poidan encontrar organismos públicos) como os fondos de capital risco e os business angels.

Coñecer as expectativas e intereses destes colectivos  facilitará que se acuda ao tipo de investidor que máis se axuste ao perfil de proxecto que se quere desenvolver, o cal aumenta as posibilidades de éxito no proceso de obtención de fondos.

Este é o obxectivo do caderno, Cómo atraer investidores privados publicado por Bic Galicia   no que se analizan cuestións como:

  • Que son os business angels
  • O proceso de negociación e entrada na empresa dun business angel
  • Que son as sociedades de capital risco
  • Como contactar cos investidores privados
  • Que espera un investidor privado do plan de negocio
  • Erros que cómpre evitar na presentación do proxecto

Poderás descargar o documento en: Atrae investidores privados para o teu proxecto.

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 29 Xuño, 2012 ás 10:18 a.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.