Emprendemento xuvenil: Servizos e apoios en Galicia

Neste post presentamos algún dos organismos e programas que favorecen o emprendemento xuvenil na nosa comunidade.

 

Consellería Economía e Industria:

BIC Galicia

Bic Galicia apoia a creación de empresas por parte dos mozos mediante:

  • Formación (programas especialmente deseñados para mozos)
  • Asesoramento
  • Programas específicos
  • Desenvolvemento de recursos para elaborar e avaliar o plan de negocio
  • Información sobre xestión empresarial
  • Colaboración con entidades diversas

Consellería Traballo

 

Plan estratéxico Xuventude 2010-2013: Plan Xuventude

Este plan recolle unha estratexia para a xuventude en Galicia baseada en dous obxectivos opertativos:

  • Fomentar entre os mozos o espírito creativo e innovador
  • Establecer liñas de axuda para a modernización e dinamización dos negocios rexentados pola xuventude.

Mostra sobre emprendimiento xuvenil: Programa Conecta

Conecta é a plasmación dos eixes transversais do Plan Estratéxico de Xuventude 2013 e desenrolase a través de 9 encontros territoriais enfocados ao emprendemento xuvenil e a un eixe do plan e un último encontro internacional estructurado nas nove temáticas que contempla o plan.

Programa «Emprende»

Ten como obxectivo principal apoiar á xuventude emprendedora de Galicia e Norte de Portugal. Dispoñerá dun conxunto de mecanismos destinados ao asesoramento aos emprendedores para a posta en marcha dos seus proxectos. Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 15 Xuño, 2012 ás 1:01 p.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.