EMPRENDEMENTO XUVENIL: APOIOS EUROPEOS E NACIONAIS

 

Continuamos presentando servizos e medidas de apoio aos mozos emprendedores, no post de hoxe detallamos algún dos programas europeos e nacionais que favorecen a creación de empresas e a adquisición de experiencia.

Unión Europea

 

  • Programa Erasmus

 O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores é un programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países da Unión Europea.

 

Nacional

 

  • Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE)

 AJEImpulsa ofrece un servizo planificado para acompañar aos mozos emprendedores e empresarios ao longo de todo o itinerario do desenvolvemento e posta en marcha do seu proxecto empresarial.

 

  • Cámaras comercio

Acercamiento escuela. Programa que trata de aproximar a  escola á empresa.

 

  • Instituto de la Juventud (INJUVE)

INJUVE. Adícase á posta en marcha de iniciativas e actividades que teñen como fin facilitar a participación dos mozos do noso país na sociedade, promovendo o desenvolvemento das súas inquietudes e valores (culturais, artísticos, cívicos, solidarios ou interculturais). Facilitan a busca da súa autonomía e emancipación por medio de programas encamiñados á orientación laboral e empresarial, ou ao acceso á vivenda.

 

  • Todoemprende

Todo Emprende. Promoción valores empresariais entre os mozos.

 

  • Yuzz

Yuzz. Programa para mozos emprendedores, apoiado pola Fundación Banesto. Diríxese a persoas de entre 18 e 30 anos que teñan unha idea de negocio con base tecnolóxica.

Os mozos que son aceptados neste programa, reciben apoio e asesoramento durante 6 ou 8 meses dependendo da localidade. Ese apoio inclúe dende espazo físico con instalacións cedidas para que os mozos desenvolvan a súa idea, ata asesoramento e titorías que lles axuden a planificar a súa futura empresa.

 

Mariela Pérez Rasilla

Bic Galicia

 

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 29 Maio, 2012 ás 8:26 a.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.