EMPRENDEMENTO XUVENIL: INFORMES

 Existen varios informes sobre estudos relacionados co mercado laboral dos mozos.

Entre outros aspectos, comentan as opcións que existen para fomentar o emprendemento xuvenil. Destacan, especialmente, os seguintes:

Políticas emprego xuvenil OIT

O Pacto Mundial para o Emprego, aprobado pola Conferencia Internacional do Traballo en 2009, pon de relevo a vulnerabilidade do mercado laboral dos mozos e fai unha chamada a acción para apoiar os mozos en risco.

Durante a crise do emprego, moitos gobernos tomaron medidas para soster o emprego dos mozos a través dunha combinación de incentivos para o novo emprego, servizos de emprego, desenvolvemento de habilidades, axuda á renda, obras públicas e servizos comunitarios, e o emprendimiento xuvenil. Este resumo destaca unha serie de leccións aprendidas da implementación de iniciativas nas crises anteriores.

Informe xuventude Europa

Informe estatístico e situación dos mozos nos países da Unión Europea.

Libro Branco

Promovido pola Fundación Príncipe de Girona, ten como obxectivo analizar a situación actual da iniciativa emprendedora en España e, en especial, identificar os factores clave que permitirían fomentar o espírito emprendedor entre os mozos do noso país. Neste estudo, o termo iniciativa emprendedora fai referencia tanto á posta en marcha de novos proxectos emprendedores no ámbito empresarial, como ás iniciativas noutros campos como o social, o artístico-cultural, o deportivo e o científico- académico.

Mariela Pérez Rasilla

Bic Galicia

2 Respostas a “EMPRENDEMENTO XUVENIL: INFORMES”

  1. Blog Bic Galicia » Blog Archive » EMPRENDEMENTO XUVENIL: APOIOS EUROPEOS E NACIONAIS Dice:

    [...] presentando servizos e medidas de apoio aos mozos emprendedores, no post de hoxe detallamos algún dos programas europeos e nacionais que favorecen a creación de [...]

  2. Para mozos/as | empreg@ Dice:

    [...] Interesantes os informes de BicGalicia relacionados co emprego xuvenil. Mirade o seu novo blog. 42.650000 -8.900000 CompartirLike this:Like  artigo Esta entrada foi publicada en novas. [...]

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 18 Maio, 2012 ás 1:00 p.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.