Premio Emprendedor XXI

Premio emprendedor XXI

Premio emprendedor XXI

No post de hoxe queremos dar a coñecer a VI edición do Premio Emprendedor XXI concurso empresarial organizado pola Caixa destinado a identificar as empresas innovadoras de recente creación e cun gran potencial de crecemento.

Este premio está co-otorgado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da Empresa Nacional de Innovación S.A  (ENISA) e divídese en dúas categorías:

 

Categoría Emprendes

 

A  categoría Emprendes está  dirixida a empresas de recente creación –constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2010-

Os premios nesta categoría consta de dúas fases, unha autonómica onde os 17 gañadores de cada autonomía acadará un premio de 5.000 euros, un curso de formación en habilidades directivas na Universidade de Cambridge, apoio á internacionalización da empresa e acceso preferente ao finaciamento de Caixa Capital Risc e Enisa. Os proxectos gañadores nesta fase pasarán á fase nacional onde poderán optar ao premio estatal, dotado de 20.000 euros.

 

Categoría Creces

 

A categoría Creces está dirixida a empresas creadas entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2009.

O premio para o gañador será de 100.000€ , á de 100.000 €, de 40.000 € para o segundo clasificado e de 25.000 € para o terceiro.  Ademáis as 25 mellores empresas accederán a un curso especializado e intensivo dunha semana de duración  a cargo de ESADE e IESSE e terán acceso preferente ao finaciamento de Caixa Capital Risc e Enisa.

 

Presentación de candidaturas e prazo

 

Todas as persoas e empresas interesadas en participar poderán coñecer as bases completas do premio e presentar as súas candidaturas na Web oficial  do premio facilitando unha memoria do proxecto e acreditando que cumpren os requisitos necesarios

O prazo para a categoría emprendes finaliza o 9 de maio e na categoría emprendes finaliza o 30 de maio.

 

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 2 Abril, 2012 ás 12:57 p.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.