Fontes de ideas (I)

Buscando ideas de negocio

Buscando ideas de negocio

 

As persoas con inquedanzas emprendedoras teñen na busca da IDEA DE NEGOCIO, un dos primeiros obstáculos cando queren crear unha empresa. Atopar a idea, unha boa idea, unha idea única, parece que é o principal obstáculo que se interpón entre eles e unha empresa de éxito. Isto non é así, a idea de negocio non garante nada, só o proceso de implantación e consolidación, baseado no traballo e nas cualidades do promotor/es e os seus traballadores, permitirán acadar o éxito.

A entrada de hoxe, nembargante, sobre os procesos de implantación senón sobre as ideas de negocio, e de onde xorden estas ideas. Tendo como referencia que non existen fontes “máxicas” senón que a clave para atopar ou xerar ideas de negocio está na actitude da persoa, que pasa ao que podemos denominar  modo emprendedor.

Isto quere dicir que activa o seu “radar”  e realizando as mesmas actividades que xa realizaba, as observa agora dende unha nova óptica na que está atento as necesidades, aos problemas, á realidade que observa, as súas lecturas e viaxes….como fontes de posibles oportunidades de negocio.

Fontes de ideas de negocio

Este listado recolle 30 ideas que comentaremos polo miúdo nas vindeiras entradas do blog:

A Observación:

  1. Os recursos de que dispoño eu mesmo
  2. As novas necesidades en procesos que xa se realizan
  3. Necesidades do consumidor final
  4. Os cambios na industria ou no mercado
  5. Os cambios demográficos
  6. Os cambios nas percepcións das persoas
  7. Os cambios ou novidades normativos e lexislativos
  8. Os novos coñecementos que aparecen na sociedade

Escoitando e lendo:

  1. Profesores
  2. Amigos e familiares
  3. Expertos
  4. Futuros clientes, competidores, provedores
  5. Bancos de ideas
  6. Libros
  7. Estudios históricos e de tendencias

Buscando fora:

  1. Viaxando
  2. Inventos e patentes
  3. Feiras e congresos
  4. Franquías
  5. Necesidades da industria
  6. Casos de éxito (know-how)
  7. Análise de carencias

Buscando dentro

  1. As miñas aficións
  2. A experiencia laboral
  3. Experiencias persoais
  4. Punto de vista do consumidor
  5. As miñas habilidades
  6. Os meus coñecementos
  7. Novas aplicación a vellos produtos
  8. Solucións a deficiencias dos produtos existentes

Coñeces algunha outra fonte de ideas e queres compartila?

1 Resposta a “Fontes de ideas (I)”

  1. David Romero Dice:

    Hola
    Soy AEDL en una zona rural de Lugo.
    Estoy de acuerdo. No se trata de encontrar ideas impresionantes sino de tener una actitud que favorezca que encontremos oportunidades en el propio entorno.
    Esto es lo que considero que facilita el éxito de los nuevos proyectos.

Deixe unha resposta

Esta entrada foi publicada o 14 Marzo, 2012 ás 11:59 a.m. e está arquivada en xeral . Pode seguir calquera resposta a esta entrada a través da RSS 2.0 . Pode deixar unha resposta, o trackback dende o teu sitio web.